Un proxecto de rexeneración ecosocial
desde o rural

Cultivamos biodiversidade, aprendizaxe e vida consciente en harmonía coa natureza

rexeneración ecosocial no rural

esto é

Vidacircular

En Vidacircular traballamos pola rexeneración ecosocial no rural a través dun espazo que promove prácticas rexenerativas na agricultura, a educación e a vida diaria. Apostamos por un rural vivo, con solo fértil, alimentos sans e persoas conectadas coa súa contorna.

O noso bosque comestible

Un bosque cheo de vida

Deseñado en liña clave para recoller auga e rexenerar o solo, o noso bosque comestible é moito máis ca un espazo de cultivo. É un ecosistema vivo en constante evolución, onde combinamos froiteiras tradicionais galegas con especies exóticas que, debido ao cambio climático, xa poden medrar na nosa comarca.

Ademais, incluímos plantas medicinais, aromáticas, fungos e especies silvestres que atraen fauna útil e enriquecen a biodiversidade funcional. Todo forma parte dun sistema deseñado para crear solo fértil, reter auga, capturar CO₂ e alimentar a vida.

rexeneración ecosocial no rural
rexeneración ecosocial no rural

A nosa horta rexenerativa

Cultivo con sentido

Na horta de Vidacircular traballamos con técnicas rexenerativas que poñen no centro a saúde do solo e o equilibrio do ecosistema. Non empregamos químicos nin labramos en exceso, senón que favorecemos os ciclos naturais, o acolchado, os abonos verdes e a rotación de cultivos para alimentar o solo e, a través del, ás persoas.

Cada temporada escollemos cultivos adaptados ao clima e ao momento, combinando hortalizas de sempre con variedades esquecidas e resistentes. A nosa produción é pequena, diversa e pensada para alimentar con sentido: alimentos cheos de sabor, historia e vida.

Colabora con Vidacircular

Apoia o proxecto, visita a finca, participa nas nosas actividades ou colabora como voluntario/a

¡Falemos!

Se che resoa o que facemos, queres visitar o espazo, colaborar ou simplemente saber máis, estaremos encantadas de escoitarte.