Un proxecto ecosocial
desde o rural
Cultivamos biodiversidade e conciencia

Que é
Vidacircular?
Escollemos este nome porque o noso proxecto nace do respecto polos ciclos naturais da vida… e tamén polos ciclos da nosa propia historia. Os nosos avós e os nosos pais cultivaban as súas propias hortalizas; as nosas profesións alonxáronnos da terra, mais agora pechamos ese círculo volvendo a ela.
Os nosos animais producen abono que nutre o solo, que á súa vez dá alimento ás plantas coas que nos alimentamos para poder seguir coidándoas e remataremos os nosos días na terra, pechando un ciclo harmónico como a auga, que recollida da chuvia ou devolta ao chan grazas ás nosas técnicas sostibles, circula e sostén este equilibrio vivo.
Que facemos?
Agricultura rexenerativa
Permacultura
O noso bosque comestible
Un bosque cheo de vida
Deseñado en liña clave para recoller auga e rexenerar o solo, o noso bosque comestible é moito máis ca un espazo de cultivo. É un ecosistema vivo en constante evolución, onde combinamos froiteiras tradicionais galegas con especies exóticas que, debido ao cambio climático, xa poden medrar na nosa comarca.
Ademais, incluímos plantas medicinais, aromáticas, fungos e especies silvestres que atraen fauna útil e enriquecen a biodiversidade funcional. Todo forma parte dun sistema deseñado para crear solo fértil, reter auga, capturar CO₂ e alimentar a vida.


A nosa horta
Cultivo con sentido
Na horta de Vidacircular traballamos con técnicas rexenerativas que poñen no centro a saúde do solo e o equilibrio do ecosistema. Non empregamos químicos nin labramos, senón que favorecemos os ciclos naturais, o acolchado, os abonos verdes e a rotación de cultivos para alimentar o solo e, a través del, ás persoas.
Cada temporada escollemos cultivos adaptados ao clima e ao momento, combinando hortalizas de sempre con variedades esquecidas e resistentes. A nosa produción é pequena, diversa e pensada para alimentar con sentido: alimentos cheos de sabor, historia e vida.
Colabora con Vidacircular
Apoia o proxecto, visita a finca, participa nas nosas actividades ou ven de voluntario/a
Falemos!
Se che resoa o que facemos, queres visitar o espazo, colaborar ou simplemente saber máis, estaremos encantados de escoitarte.