A nosa horta orgánica

Cultivamos con respecto, coidamos con sentido

Agricultura rexenerativa

O solo é un organismo vivo; perturbalo rompe o equilibrio biolóxico que sustenta os cultivos. Por iso, en lugar de arar ou cavar, como se fai nos métodos tradicionais, apostamos por deixar intacta a superficie, cubríndoa con compost, restos vexetais ou mulch, tal e como ocorre nos ecosistemas naturais. Así, mantemos a rede de microorganismos e insectos beneficiosos, que colaboran na descomposición da materia orgánica e na formación dunha estrutura fértil e estable.

Qué estou apoiando

Ao comprar alimentos ecolóxicos e de proximidade?

Prácticas que coidan os ecosistemas, o solo e as especies autóctonas.

Alimentos frescos, nutritivos e recollidos no seu punto óptimo.

Sen pesticidas, hormonas nin antibióticos prexudiciais.

Reducimos emisións e residuos apostando polo local e natural.

Impulsamos un modelo sostible que apoia pequenos produtores.

Condicións xustas para quen traballa na terra.

Evitamos o abandono do campo e mantemos un entorno activo.

Preservamos a gastronomía e as tradicións locais.

Sabes de onde vén e como se produce o que comes.

Proximidade, sabor e diversidade

Aromáticas, flores e hortalizas de tempada

Ofrecemos produtos certificados polo CRAEGA e polo SPG A Gavela, para tendas, restaurantes e particulares que valoran o alimento fresco, local e sostible.

Traballamos con variedades tradicionais e outras máis innovadoras como pak choi, rabo daikon, mostaza ou ruibarbo. Isto permítenos enriquecer a biodiversidade e ampliar as posibilidades culinarias.

Grelos de Santiago

Verza Galega

Repolo de Betanzos

Tomate negro de Santiago

Allo Corvo

Colirravo

Cenoria morada de Carballo

Bulbo de fiúncho

Fabas

Pak Choi

Ravo Daikon

Ruibarbo

Adaptables, sinxelos e respectuosos co chan

Invernadoiros móbiles
de deseño propio

Os nosos invernadoiros de túnel están deseñados para integrarse no entorno sen impacto estrutural: non levan cimentación e están construídos con cordeis e baleas. O seu sistema de apertura lateral ata o 75% permite regular a ventilación segundo a época do ano.

Falemos!

Se che resoa o que facemos, queres visitar o espazo, colaborar ou simplemente saber máis, estaremos encantadas de escoitarte.